Thursday 09 de May de 2024

O edil José Manuel Mira entrega os diplomas de informática


José Manuel Mira, concelleiro de Cultura, entregou os diplomas aos alumnos e alumnas dos cursos de informática organizados polo Concello de Ordes. En total foron máis de 50 persoas, entre adultos e nenos, as que recibiron a súa certificación. Ao longo dos últimos meses na aula de informática da Casa da Cultura impartíronse clases correspondentes aos niveis de iniciación e nivel 2. Ademais tamén se levou a cabo un curso infantil no que, entre outros contidos, aprenderon o manexo de ferramentas de diseño gráfico e de tratamento de imaxes dixitais. Tamén tiveron moita aceptación, especialmente entre as persoas maiores, as clases para aprender a utilizar os smartphones.